Archivo de la categoría: Proyectos didácticos/Projectos didáticos
Semana de Mozambique 2023
Coincidindo coa Semana Mundial de Acción pola Educación e co obxectivo de promover o desenvolvemento dos Global Citizens, do 24 ao 29 de abril todas as etapas educativas do colexio celebraron a Semana de Mozambique.
Co patrimonio como fío condutor, o alumnado compartiu cos seus homólogos do IES Inácio de Loyola e 4 escolas infantís de Tete, Mozambique, xogos, receitas, arquitectura e historias. O alumnado puido afondar na conciencia do seu lugar e responsabilidade, a nivel local e global, como verdadeiros socios na misión de reconciliación e xustiza que é posible grazas a este irmandamento colexiado entre centros educativos da Compañía de Xesús.
En esta edición creáronse mais de 60 recursos didácticos para compartir coa ESIL a través da plataforma Teams.






Visita ao Centro de Formação e Experimentação Agrícola de Guisamo (A Coruña)
O día 31 de xaneiro tamén visitamos o Centro de Formación e Experimentación de Guísamo onde coñecemos cultuvos e técnicas de cultivo. A través da directora do centro decatámonos de que cultivan vides, uvas e diversas árbores froiteiras mediante técnicas modernas sinxelas, contando cos 250 alumnos existentes. Visitamos invernadoiros onde proban diversos cultivos, entre eles chícharos, cebolas, leitugas, allos e tomates. Demostraron que estaban dispostos a colaborar coa nosa escola a través da Diputación da Coruña, como xa estaba establecido antes da pandemia. Estaban pendentes de enviar cales son os datos precisos para comezar de novo o proxecto de agricultura ecolóxica na ESIL e falar coa profesora e co responsable de agricultura da misión.

Visita ao colexio Compañía de María (Santiago)
Nas visitas ao colexio Compañía de María (Santiago) os profesores e os alumnos debateron sobre temas relacionados coa ecoloxia, as migracións, o imperialismo en África e a situación actual.

Visita ao IES As Barxas (Moaña)
O 24 de xaneiro visitamos o IES As Barxas. Comezamos aprendendo na práctica e psando uns dibuxos a colgantes meiante a técnica do papel máxico. Reunímonos co claustro e profundizamos nas activadades que se fan na biblioteca do centro, os hábitos de promoción da lectura, e o concurso de lectura. Os profesores acorddaron manter comunicación a través de diversas plataformas dixitais e colaborar para participar no festival anual de cine. Vimos tamén as presentacións do club de ciencia, onde nos explicaron as observacións de campo e os paseos didácticos que realizan polo bosque próximo, así como o posterior tratamento dos datos. Tamén observamos algúns xogos matemáticos nos recreos.
Asistimos ás clases de plástica mediante a proxección de vídeos inseridos nas clases de educación plástica. O alumnado presentou diferentes técnicas para gravalas utilizando principalmente as animacións do mundo animal.
Tiveron tamén unha entrevista no xornal “O Faro de Vigo”

Visita ao colexio Adormideras (A Coruña)
O día 21 de xaneiro o profesor Simião visitou a escola de Adormideras que imparte o bacharelato artístico, tomando nota das paredes decoradas com várias obras de pintura e esculturas. Fixo presentacións do proxecto en varias clases e abordou os temas do ensino en Moçambique. Acordaron trabalhar xuntos a través de troca de videos de manifestacións artísticas en Moçambique e Galicia.

Seminario on line Fitas do Vento
O 3 de novembro desenvolveuse un novo seminario virtual do proxecto Fitas de Vento onde participaron 18 profesores e profesoras de sete escolas galegas e moçambicanas. Este curso, sumáronse ao proxecto as Escolas Champion International da provincia de Tete.
Compartimos vivencias sobre a escola no período COVID, prestando especial atención ao vínculo coas familias e á educación emocional dos nenos e das nenas e deixamos un espazo de formación no que mostramos experiencias didácticas que poden extrapolarse aos distintos contextos das escolas que participan no proxecto. Abriuse un debate promovido polas escolas africanas en torno á preocupación por involucrar máis as familias na educación dos seus fillos o que foi produtivo e permitiu facer unha reflexión sobre as comunidades de aprendizaxe.
Por último, puxemos en común distintas ideas de actividades e proxectos solidarios que se van levar adiante neste curso.

Curros Enríquez e Lamas Carvajal
Manuel Curros Enríquez foi un poeta comprometido coa súa terra e o seu tempo e Valentín Lamas Carvajal foi o director da primeira experiencia exitosa do xornalismo en galego: «O tío Marcos da Portela» .


María Mariño e Ramón Cabanillas
Hoje amostramos á escritora María Mariño e ao escritor Ramón Cabanillas.


Xogos matemáticos
Nos intervalos da mañán dos martes (terça feira), alguns alunos aproveitan para xogar coas matemáticas. Temos também uns xogos africanos e, sobre todo, adoran o cubo Rubrick.
Para celebrar o Día Escolar das Matemáticas, o 12 de maio, fixemos un torneo.
