O 3 de novembro desenvolveuse un novo seminario virtual do proxecto Fitas de Vento onde participaron 18 profesores e profesoras de sete escolas galegas e moçambicanas. Este curso, sumáronse ao proxecto as Escolas Champion International da provincia de Tete.
Compartimos vivencias sobre a escola no período COVID, prestando especial atención ao vínculo coas familias e á educación emocional dos nenos e das nenas e deixamos un espazo de formación no que mostramos experiencias didácticas que poden extrapolarse aos distintos contextos das escolas que participan no proxecto. Abriuse un debate promovido polas escolas africanas en torno á preocupación por involucrar máis as familias na educación dos seus fillos o que foi produtivo e permitiu facer unha reflexión sobre as comunidades de aprendizaxe.
Por último, puxemos en común distintas ideas de actividades e proxectos solidarios que se van levar adiante neste curso.
