Desayuno solidario na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña

O próximo xoves día 2 de Deciembro celebrarase un almorzo solidario na ERLAC para recaudar fondos para a Fundación Loyola Galicia, que se destinaran para comprar uniformes para os e as escolares do proxecto «Amigos de Jesus» en Tete, dentro do proxecto Fitas de Vento.

A semana pasada presentamos o proxecto de Irmandamento colexial SMM/ESIL ao alumnado de 1º da Escola Universitaria.

O lema da campaña é “Un uniforme, unha oportunidad“

Estarán no Espacio de Traballo, na planta baixa da escola servindo uns riquísimos almorzos desde as nove e media da mañán até as 19:00 horas.

Anuncio publicitario

Encontro Mundial Educación para a vida

O proxecto de irmandamento colexiado entre o noso colexio e a ESIL de Mozambique participou como experiencia seleccionada no Encontro Mundial sobre Educación para a Vida, organizado pola Fundación Cultura de Paz que preside Federico Mayor Zaragoza.
Durante unha hora presentáronse os principais piares do proxecto Muli Bwanji, que reúne todos os proxectos xerados a partir do irmandamento do noso colexio. A intervención centrouse nas oportunidades dun irmandamento escolar como oportunidade para abordar o reto de educar para a vida e contextualizar diferentes aspectos da educación para a cidadanía global.

Seminario on line Fitas do Vento

O 3 de novembro desenvolveuse un novo seminario virtual do proxecto Fitas de Vento onde participaron 18 profesores e profesoras de sete escolas galegas e moçambicanas. Este curso, sumáronse ao proxecto as Escolas Champion International da provincia de Tete.

Compartimos vivencias sobre a escola no período COVID, prestando especial atención ao vínculo coas familias e á educación emocional dos nenos e das nenas e deixamos un espazo de formación no que mostramos experiencias didácticas que poden extrapolarse aos distintos contextos das escolas que participan no proxecto. Abriuse un debate promovido polas escolas africanas en torno á preocupación por involucrar máis as familias na educación dos seus fillos o que foi produtivo e permitiu facer unha reflexión sobre as comunidades de aprendizaxe.

Por último, puxemos en común distintas ideas de actividades e proxectos solidarios que se van levar adiante neste curso.