Doazón da librería Acuarela en Zas

Onte recibimos unha doazón da Librería Acuarela en Zas. Os propietarios Joaquín e Pitusa, pais da compañeira Susana Devesa e que se xubilan próximamente, quixeron deixar unha mostra do seu excelente traballo apoiando o mundo do ensino e da cultura da zona durante tantos anos na escola ESIL.

Material de deseño e plástica, cadernos de repaso, libros en galego, centos de cadernos, pincéis, acuarelas… un material escolar que será moi ben aproveitado tanto na ESIL como nas escolinhas asociadas ao proxecto Muli Bwanji e máis de 50 balóns que farán disfrutar aos nenos e nenas do noso proxecto irmán.

Facendo honra á canción de Toquinho,convídannos a soñar:
Numa folha qualquer eu desenho um sol amarelo
E com cinco ou seis retas é fácil fazer um castelo
Corro o lápis em torno da mão e me dou uma luva
E se faço chover, com dois riscos tenho um guarda-chuva

Desexámoslles unha longa e feliz xubilación e desde aquí os convidamos a que se animen a visitar a ESIL.

Grazas/ Obrigados /Zikomo!