Programa de formación ESIL – CFEA de Guísamo

Durante dous meses un profesor da ESIL, Aurélio Razao, formouse non Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, dentro dun proxecto solidario financiado pola Diputación da Coruña.

Aurélio tivo acceso a sete cursos de formación en agricultura ecolóxica, maquinaria agrícola e até cultivos hidropónicos para trasladar aos seus compañeiros da ESIL e outras escolas da rexión así como ás comunidades agrícolas arreodor da Escola.

Tamén aproveitou para visitar as instalación de Santa María do Mar e compartir inquedanzas e ilusións cos compañeiros de SMM:

Nestes momentos o proxecto xa fui implementado na ESIL.

Visita do Padre Arturo Sousa á ESIL

Do 9 ao 18 de decembro, o P. Xeneral Arturo Sosa SJ visitou a Provincia de África Meridional, que abarca Sudáfrica, Namibia, Lesotho, Botsuana, Eswatini, Zambia, Malawi, Mozambique e Zimbawe

Entre as obras xesuitas en Mozambique, visitou á nosa escola irmá, Escola Secundária Inácio de Loyola onde quedou moi satisfeito e ilusionado co Proxecto de Irmandamento escolar da ESIL con Santa M;aría do Mar.

Ademáis de cuestións relacionadas coas campañas solidarias, o P Arturo Sosa resaltou a importancia de que dúas realidades tan diferentes podan enriquecerse mutuamente.

Panxolinha da ESIL

Desde a escola irmá en Mozambique envian estas duas panxoliñas. Desde alí dinnos:

O primeiro canto é um convite ao encontro com o filho de Maria e José, que nasceu em Belém, a verdadeira Luz que vem iluminar as trevas. A segunda música é uma bênção ao Deus da vida, que não está presente através de nós. Zikomo Ambuye. A mais pura bênção a tudo que ele nos dá.

Goleada de solidariedade

Aproveitando a figura do xogador mozambicano Reinildo Mandava puxémonos en contacto coa A Fundación e o Club Atlético de Madrid que tiñan recibido con nos un premio solidario e que nos cederon unha camiseta e un balón asinados polo equipo para apoiar o irmandamento do noso colexio con Mozambique. Vendéronse unha gran cantidade de rifas que foron sorteadas na sesión de Café Teatro das festas escolares. O recaudado será enviado para material informático da ESIL e para o proxecto Amigos de Jesus de Tete.

Semana de Mozambique 2023

Coincidindo coa Semana Mundial de Acción pola Educación e co obxectivo de promover o desenvolvemento dos Global Citizens, do 24 ao 29 de abril todas as etapas educativas do colexio celebraron a Semana de Mozambique.

Co patrimonio como fío condutor, o alumnado compartiu cos seus homólogos do IES Inácio de Loyola e 4 escolas infantís de Tete, Mozambique, xogos, receitas, arquitectura e historias. O alumnado puido afondar na conciencia do seu lugar e responsabilidade, a nivel local e global, como verdadeiros socios na misión de reconciliación e xustiza que é posible grazas a este irmandamento colexiado entre centros educativos da Compañía de Xesús.

En esta edición creáronse mais de 60 recursos didácticos para compartir coa ESIL a través da plataforma Teams.

Estadía na Universidade do Minho (Braga, Portugal)

Dende o 6 até o 14 de de febreiro os profesores estiveron fomándose na Universidade do Minho, na cidade de Braga en Portugal. Asistiron a clases na Facultade de Idiomas co apoio da profesora Micaela Ramón e aproveitaron para aportar en distintas palestras.Un dos temas que más apreciaron foi ter a oportunidade de coñecer metodoloxías de ensino de portugués a extranxeiros xa que un dos porblemas principais na ESIl e a alfabetización en portugués doa nenos e nenas das aldeas que acceden ao ensino secundario sen coñecer o idioma oficial de ensino.

O 9 de febreiro viaxaron ao colexio xesuita das Caldinhas Trátase dunha escola dividida en tres áreas docentes, cada unha delas autónoma e ben estruturada. Estableceron acordsos de ooperación na área de ecoloxía e medio ambiente gravando vídeos destinados a protexer o medio ambiente no proxecto Bgreen.

Visita ao colexio xesuita Apóstol Santiago en Vigo

O día 2 de febreiro Simião e Amilton visistaron o Colexio Apostolo Santiago de Vigo, cos seus 150 anos de existencia. Foron acompañados polo profesor David , que os recibiu e presentounos o colexio. Presentaron o proxecto en catro clases e interaccionaron moito coa rapazada. Ao remate da visita, o director do colexio tratou de coñecer máis sobre ESIL e, dentro das posibilidades, dar o seu apoio e por último visitaron o estadio do Celta.

Visita ao CIP de Cerceda (Cerceda)

O 1 de febreiro os profesores visitaron a escola rural de Cerceda a onde tiveron acesso á sala de experiencias científicas A Directora compartiu o organigrama escolar e deu algúns consellos para conseguir un ambiente laboral alegre e muito saudável. Esta escola ten enviado material para as disciplinas de Química e Física e quere facer unha campaña para poder enviar unha máquina de 3D á ESIL

Visita ao Centro de Formação e Experimentação Agrícola de Guisamo (A Coruña)

O día 31 de xaneiro tamén visitamos o Centro de Formación e Experimentación de Guísamo onde coñecemos cultuvos e técnicas de cultivo. A través da directora do centro decatámonos de que cultivan vides, uvas e diversas árbores froiteiras mediante técnicas modernas sinxelas, contando cos 250 alumnos existentes. Visitamos invernadoiros onde proban diversos cultivos, entre eles chícharos, cebolas, leitugas, allos e tomates. Demostraron que estaban dispostos a colaborar coa nosa escola a través da Diputación da Coruña, como xa estaba establecido antes da pandemia. Estaban pendentes de enviar cales son os datos precisos para comezar de novo o proxecto de agricultura ecolóxica na ESIL e falar coa profesora e co responsable de agricultura da misión.