O vindeiro xoves 24 de abril, ás 18:30 horas, a Sede Afundación (Rúa Cantón Grande, 8) acolle o Festival Solidario Fitas do Vento, unha gala solidaria (a entrada é libre) que se enmarca no proxecto de Cidadanía Global «Fitas do Vento», ponte entre escolas galegas e africanas. Entre os centros participantes neste encontro de conexión entre educación, cultura e solidariedade, atópanse as Escolas Infantís Monte Alto e Arela, Santa María do Mar, así como outros centros escolares do Concello da Coruña. Durante ao acto, compartiranse experiencias, voces, músicas e soños que cruzan océanos e continentes. En definitiva, trátase dun compromiso educativo por transformar o mundo, nunha cidadanía global entre escolas galegas e africanas.

Nesta edición premiarase á Policía Local polo seu apoio ao proxecto enviando material dos obxectos perdidos. O evento está patrocinado pola Fundqación San Rafael.

Cartas a dous

O alumnado de la ESIL en Mozambique recibe as cartas e os Tangram elaborados polos seus compañeiros de Santa María do Mar. A profesora galega que está de visita de intercambio no centro educativo mozambiqueño traerá as cartas elaboradas polo alumnado da ESIL, xunto cunha proposta de figura de tangram.

Mãe Terra


Dentro do proxecto Fitas de Vento, no que participamos, escribiron no 2023 unha canción para celebrar o Día da Tierra.
Aproveitando a mesma efeméride, un dúo de antigos bolseiros de nome artístico Kaganossa&Francis, musicaron as estrofas e un grupo de nenas da ESIL enviaron a coreografía que replicamos co alumnado da ESO nos colexios Santa María do Mar (A Coruña), Villafranca de los Barros (Extremadura) e Nuestra Señora del Recuerdo (Madrid).
Nsta ocasión, e a través da poesía, da danza e da música compartida, voltamos a disfrutar, desde o local ao global, para facer do mundo un lugar máis xusto e alzar a nosa voz e comprometernos co Cuidado da Casa Común

I Gala Solidaria Fitas do Vento

O martes 16 de abril ás 18:30 terá lugar no Auditorio de Sede Afundación, da mán da Fundación San Rafael, o I Festival Solidario Fitas do Vento no que se compartirán os proxectos que se desenvolven entre escoas galegas e mozambiqueñas , acompañados de música e testemuñas do profesorado e escolas participantes no proxecto.

O obxectivo principal de Fitas de Vento é o de potenciar espazos de traballo, encontro e participación do alumnado e profesorado galego e mozambiqueño, sempre desde a perspectiva de enriquecimiento mutuo e a través do respecto e a valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, a igualdade de x´énero e a xusticia social. Unha simbiosis que contribúa a desenvolver homres e mulleres capaces de humanizarey transformar a súa realidade: conscientes, competentes, comprometidos e compasivos. 

Semana Ignaciana 2024

A “Escola Secundaria Inácio de Loyola” (ESIL) de Mozambique, o Colexio Santa María do Mar de A Coruña e o Colexio San José de Villafranca de los Barros unímosnos para compartir e celebrar la Semana Ignaciana. Durante tres semanas, compartimos contexto,inquedanzas e esperanza a través de videoconferencias nas que aprendemos xuntos.

Programa de formación ESIL – CFEA de Guísamo

Durante dous meses un profesor da ESIL, Aurélio Razao, formouse non Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, dentro dun proxecto solidario financiado pola Diputación da Coruña.

Aurélio tivo acceso a sete cursos de formación en agricultura ecolóxica, maquinaria agrícola e até cultivos hidropónicos para trasladar aos seus compañeiros da ESIL e outras escolas da rexión así como ás comunidades agrícolas arreodor da Escola.

Tamén aproveitou para visitar as instalación de Santa María do Mar e compartir inquedanzas e ilusións cos compañeiros de SMM:

Nestes momentos o proxecto xa fui implementado na ESIL.

Visita do Padre Arturo Sousa á ESIL

Do 9 ao 18 de decembro, o P. Xeneral Arturo Sosa SJ visitou a Provincia de África Meridional, que abarca Sudáfrica, Namibia, Lesotho, Botsuana, Eswatini, Zambia, Malawi, Mozambique e Zimbawe

Entre as obras xesuitas en Mozambique, visitou á nosa escola irmá, Escola Secundária Inácio de Loyola onde quedou moi satisfeito e ilusionado co Proxecto de Irmandamento escolar da ESIL con Santa M;aría do Mar.

Ademáis de cuestións relacionadas coas campañas solidarias, o P Arturo Sosa resaltou a importancia de que dúas realidades tan diferentes podan enriquecerse mutuamente.