Laudato Lab

Laudatolab é un laboratorio de ideas ecosolidarias relacionadas co coidado da Casa Común. Nace coa ilusión de lanzar todos os anos un concurso para o alumnado de ESO.

Cada 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, publicarase o fallo do xurado co prototipo mellor valorado. Posteriormente realizarase unha campaña solidaria coa produción do proxecto gañador.

Os obxectivos son:

– Propiciar experiencias ecosolidarias no alumnado para adquirir competencias de ciudadanía global.

-Profundar no coñecemento e interiorización das encíclicas “ Laudato Se” e “ Fratelli Tutti”. — –

-Fomentar unha é tica que xere comportamentos coidadosos e coidadores co Medio Ambiente e cos demás.

-Abordar a Educació n Ambiental desde unha perspectiva multidisciplinar. Implicar ás familias para compartir experiencias entre os compoñentes da comunidade educativa e o resto da ciudadanía para lograr unha sociedade má s sostible.

Como experiencia piloto, este ano, o concurso busca crear prototipos de reciclaxe de máscaras, tanto as gomas de suxección como da parte metálica que se adapta ao nariz, para convertelas en obxectos de uso práctico. O prototipo gañador será replicado e entra a formar parte dunha campaña de obtención de fondos para a compra de material hixiénico e sanitario para a ESIL, apoiada polo APA do Colexio.

Podedes ler as bases nas imaxe adxunta.

Anuncio publicitario

I Concurso Literario Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, presentamos o I Concurso Literario baixo a temática: “A muller como clave da sociedade: Xela Arias, unha proposta de cambio”.

Un concurso que se enmarca dentro do programa de Irmandamento escolar entre Santa María do Mar e a ESIL.

O xurado estará formado por membros do profesorado do curso, da ESIL, un alumno/a de 2º Bacharelato e un representante da APA. O fallo darase a coñecer o venres 21 de maio na páxina do colexio.

Participará o alumnado de Santa María do Mar e da ESIL en Ddferentes modalidades, desde a escrita, até a interpretación, a creación audiovisual, o debuxo…

Máis información