Programa de formación ESIL – CFEA de Guísamo

Durante dous meses un profesor da ESIL, Aurélio Razao, formouse non Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, dentro dun proxecto solidario financiado pola Diputación da Coruña.

Aurélio tivo acceso a sete cursos de formación en agricultura ecolóxica, maquinaria agrícola e até cultivos hidropónicos para trasladar aos seus compañeiros da ESIL e outras escolas da rexión así como ás comunidades agrícolas arreodor da Escola.

Tamén aproveitou para visitar as instalación de Santa María do Mar e compartir inquedanzas e ilusións cos compañeiros de SMM:

Nestes momentos o proxecto xa fui implementado na ESIL.

Visita do Padre Arturo Sousa á ESIL

Do 9 ao 18 de decembro, o P. Xeneral Arturo Sosa SJ visitou a Provincia de África Meridional, que abarca Sudáfrica, Namibia, Lesotho, Botsuana, Eswatini, Zambia, Malawi, Mozambique e Zimbawe

Entre as obras xesuitas en Mozambique, visitou á nosa escola irmá, Escola Secundária Inácio de Loyola onde quedou moi satisfeito e ilusionado co Proxecto de Irmandamento escolar da ESIL con Santa M;aría do Mar.

Ademáis de cuestións relacionadas coas campañas solidarias, o P Arturo Sosa resaltou a importancia de que dúas realidades tan diferentes podan enriquecerse mutuamente.

Panxolinha da ESIL

Desde a escola irmá en Mozambique envian estas duas panxoliñas. Desde alí dinnos:

O primeiro canto é um convite ao encontro com o filho de Maria e José, que nasceu em Belém, a verdadeira Luz que vem iluminar as trevas. A segunda música é uma bênção ao Deus da vida, que não está presente através de nós. Zikomo Ambuye. A mais pura bênção a tudo que ele nos dá.