Jovens em Caminhada

Como xa ven sendo habitual, este fin de semana trasladamos material aos armacéns da Casa da Torre en Soutelo (Braga). O alumnado de 4º de ESO colaborou a colocar o material na furgoneta que tan amablemente nos presta José Luis, un policía local xubilado que habitualmente nos axuda no transporte de mercancías.

Ao chegar a Soutelo un grupo de xóvenes da asociación «Jovens em Caminhada» axudounos a descargar e colocar o material nos armacéns á espera de envialos no contenedor para Mozambique.

Da gusto traballar así! Obrigados!