Verán 2019: Ludoteca ESIL

Unha das actividades realizadas na estadía de verán na ESIL foi a creación de unha ludoteca que ven a sumarse ao Clube de Xadrez Santa María do Mar na escola africana e ao Judo Club Corunha, como momentos e lugares para o tempo libre do alumnado.

Anuncio publicitario

Compartindo boas prácticas

Este verán dúas profesoras e un profesor de Santa María do Mar, disfrutamos de unha estadía na misión de Satemwa.

O obxectivo principal foi intercambiar experiencias educativas e recursos educativos ademáis de apoiar na xestión e loxística dos materiais que tiñan chegado no contentor desde Galicia.

Entre outras accións desenvolveuse un curso de formación para 35 profesores de infantil de diversas escolas infantís da provincia de Tete, visitamos escolas para implementar metodoloxías activas e, na ESIL, levamos a cabo dous seminarios de formación.

Por unha parte, reflectimos sobre os principios da Pedagoxía Inaciana e cómo levalos á aula e, nun segundo seminario, fixemos distintas dinámicas dirixidas a incentivar a motivación e participación do alumnado.

O mellor foron os momentos compartidos cos profesores e profesoras de cada disciplina para compartir recursos e metodoloxías.