Goleada de solidariedade

Aproveitando a figura do xogador mozambicano Reinildo Mandava puxémonos en contacto coa A Fundación e o Club Atlético de Madrid que tiñan recibido con nos un premio solidario e que nos cederon unha camiseta e un balón asinados polo equipo para apoiar o irmandamento do noso colexio con Mozambique. Vendéronse unha gran cantidade de rifas que foron sorteadas na sesión de Café Teatro das festas escolares. O recaudado será enviado para material informático da ESIL e para o proxecto Amigos de Jesus de Tete.