Semana de Mozambique 2023

Coincidindo coa Semana Mundial de Acción pola Educación e co obxectivo de promover o desenvolvemento dos Global Citizens, do 24 ao 29 de abril todas as etapas educativas do colexio celebraron a Semana de Mozambique.

Co patrimonio como fío condutor, o alumnado compartiu cos seus homólogos do IES Inácio de Loyola e 4 escolas infantís de Tete, Mozambique, xogos, receitas, arquitectura e historias. O alumnado puido afondar na conciencia do seu lugar e responsabilidade, a nivel local e global, como verdadeiros socios na misión de reconciliación e xustiza que é posible grazas a este irmandamento colexiado entre centros educativos da Compañía de Xesús.

En esta edición creáronse mais de 60 recursos didácticos para compartir coa ESIL a través da plataforma Teams.

Deja un comentario