Encontro Mundial Educación para a vida

O proxecto de irmandamento colexiado entre o noso colexio e a ESIL de Mozambique participou como experiencia seleccionada no Encontro Mundial sobre Educación para a Vida, organizado pola Fundación Cultura de Paz que preside Federico Mayor Zaragoza.
Durante unha hora presentáronse os principais piares do proxecto Muli Bwanji, que reúne todos os proxectos xerados a partir do irmandamento do noso colexio. A intervención centrouse nas oportunidades dun irmandamento escolar como oportunidade para abordar o reto de educar para a vida e contextualizar diferentes aspectos da educación para a cidadanía global.