Nas visitas ao colexio Compañía de María (Santiago) os profesores e os alumnos debateron sobre temas relacionados coa ecoloxia, as migracións, o imperialismo en África e a situación actual.

Nas visitas ao colexio Compañía de María (Santiago) os profesores e os alumnos debateron sobre temas relacionados coa ecoloxia, as migracións, o imperialismo en África e a situación actual.

O 24 de xaneiro visitamos o IES As Barxas. Comezamos aprendendo na práctica e psando uns dibuxos a colgantes meiante a técnica do papel máxico. Reunímonos co claustro e profundizamos nas activadades que se fan na biblioteca do centro, os hábitos de promoción da lectura, e o concurso de lectura. Os profesores acorddaron manter comunicación a través de diversas plataformas dixitais e colaborar para participar no festival anual de cine. Vimos tamén as presentacións do club de ciencia, onde nos explicaron as observacións de campo e os paseos didácticos que realizan polo bosque próximo, así como o posterior tratamento dos datos. Tamén observamos algúns xogos matemáticos nos recreos.
Asistimos ás clases de plástica mediante a proxección de vídeos inseridos nas clases de educación plástica. O alumnado presentou diferentes técnicas para gravalas utilizando principalmente as animacións do mundo animal.
Tiveron tamén unha entrevista no xornal “O Faro de Vigo”

O día 21 de xaneiro o profesor Simião visitou a escola de Adormideras que imparte o bacharelato artístico, tomando nota das paredes decoradas com várias obras de pintura e esculturas. Fixo presentacións do proxecto en varias clases e abordou os temas do ensino en Moçambique. Acordaron trabalhar xuntos a través de troca de videos de manifestacións artísticas en Moçambique e Galicia.

O día 15 de xaneiro Amiltom e Simião visitaron o Colexio Monte das Moas, onde as profesoras Mar e Ana foron as encargadas da visita, onde expuxeron información sobre a situación do ensino en Mozambique e sobre a ESIL. Visitaron as aulas de portugués de 2º de ESO e a de 1º de bacharelato para contarlles unha xornada na ESIL e os proxectos que compartimos co colexio coruñés Santa María do Mar, como se pode ver nas imaxes de abaixo. Queda pendente para desenvolver algunha actuación entre os dous colexios na área de portugués.

Despois do paréntesis que supuxo a pandemia do 13 de xaneiro ao 11 de febreiro Simião Francisco João, profesor de Educación Visual e Xeometría Descritiva, e xefe de estudos da ESIL, e Amilton Bito, profesor de Lingua Portuguesa e delegado da materia visitaran distintas escolas e universidades de Galicia e Portugal, dentro do programa de intercambio e formación de profesores coa ESIL.
Os obxectivos da visita de intercambio foron os seguintes:
– Mellorar o coñecemento mutuo entre as dúas institucións en canto aos métodos de ensino e máis alá.
– Intercambiar coñecementos e experiencias en diferentes ámbitos (organización, produción, comercialización, formación, participación na construción de políticas públicas, incidencia política, etc.) entre o Colexio Santa Maria del Mar e outros centros educativos.
– Establecer estratexias comúns de acción e loita para mellorar a calidade do ensino na ESIL.
– Contar cunha base de coñecementos tanto sobre as políticas docentes, económicas e sociais, como sobre os dereitos do profesorado e do alumnado, así como sobre os seus deberes, mediante a difusión e multiplicación destes coñecementos entre a maioría dos que imparten docencia na ESIL e quizais noutras escolas e universidades.

Caros colegas, a equipa de professores da ESIL quere finalizar o curso agradecendo a contribução da escola irmã Santa María de Mar á nossa formação didática. enviamos fotografias do último seminário de Pedagogia Inaciana que desenvolvimos na escola aliás os cursos de formação disciplinar desenvolvidos na cidade de Tete». Estamos juntos!

A Escola Univeristaria Agricola INEA Universidad Pontificia de Comillas colabora no proxecto de irmandamento colexial coa ESIL admitindo a dous profesores da escola mozambicana nos seus cursos de posgrao online. Grazas á xenerosidade do INEA A profesora Natalia e o irmán Augusto teñen acceso aos cursos on line de agricultura ecolóxica e ética empresarial.

Entre os días 25 e 29 de abril celebrouse no colexio Santa María del Mar da Coruña a Semana de Mozambique. Durante esta semana, os profesores e alumnos de Santa María del Mar traballamos xuntos para manifestar o noso compromiso co dereito á educación de todos os nenos e nenas e solidarizarnos coas difíciles condicións que padecen os profesores que traballan cos alumnos máis vulnerables, A actividade enmárcase na Semana de Acción Mundial pola Educación, cuxo lema para este curso é “Alza a Voz polo profesorado”.. Durante esta semana desenvolvemos unha serie de accións conxuntas coas nosas escolas irmás de Mozambique: a Escola Secundaria Ignacio de Loyola ( ESIL) e a escola infantil CEI AMAN. En todas as etapas educativas, habemos cinco ámbitos da educación para a Cidadanía Global. En Infantil, Primaria e primeiro ciclo da ESO, o patrimonio inmaterial e material foi un punto de encontro para traballar a interculturalidad, descubrindo a través de refráns, costumes, gastronomía, flora e fauna autóctona, contos populares, arquitectura, a música e a danza o sentir e a vida cotiá dos mozos e mozas mozambiqueños e galegos. O que nos une e o diferente que nos enriquece. No 2º ciclo da ESO e Bacharelato, a equidade de xénero e a xustiza social e os dereitos humanos foron a base das actividades de titoría, a partir dos testemuños e retos que expuñan nenas da Escola Secundaria Ignacio de Loyola. Xunto con Entreculturas, adaptamos o material da Semana Mundial da Educación que este ano tiña como lema “Alza a Voz polo profesorado” á situación específica das escolas de Mozambique. Desde algúns departamentos como o de Ciencias desenvolvéronse actividades relacionadas co desenvolvemento humano e sostible e ecoloxía integral, analizando a situación de Mozambique, un dos países máis afectados polo Cambio Climático. Ademais, levou a cabo unha campaña solidaria para recadar fondos destinados á formación do profesorado da ESIL e celebrouse un Seminario virtual sobre Lectoescritura entre profesores das escolas galegas e africanas do proxecto Fitas do Vento Podedes coñecer parte deste traballo na nosa web colexial e nos dous blogues do noso irmandamento https:// mulibwanjismmesil. home.blogue/ e https:// fitasdevento. wordpress. com/, onde compartimos os distintos recursos e actividades realizadas. Co cancelo #estamosjuntos alumnado e profesorado dos dous colexios seguimos disfrutandoi e enriquecéndonos do irmandamento escolar.

Despois de visitar a exposición «A Luz das nenas» de Entreculturas, palabras como “Respeito”, “Dignidade”, “ Educación” ou “Igualdade” enchen as cortizas do corredor de 2º ESO, animando ás compañeiras da ESIL a facer realidade o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5 : «Lograr a igualdade entre xéneros e empoderar a tódalas mulleres e nenas”.
