Desayuno solidario na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña

O próximo xoves día 2 de Deciembro celebrarase un almorzo solidario na ERLAC para recaudar fondos para a Fundación Loyola Galicia, que se destinaran para comprar uniformes para os e as escolares do proxecto «Amigos de Jesus» en Tete, dentro do proxecto Fitas de Vento.

A semana pasada presentamos o proxecto de Irmandamento colexial SMM/ESIL ao alumnado de 1º da Escola Universitaria.

O lema da campaña é “Un uniforme, unha oportunidad“

Estarán no Espacio de Traballo, na planta baixa da escola servindo uns riquísimos almorzos desde as nove e media da mañán até as 19:00 horas.

Encontro Mundial Educación para a vida

O proxecto de irmandamento colexiado entre o noso colexio e a ESIL de Mozambique participou como experiencia seleccionada no Encontro Mundial sobre Educación para a Vida, organizado pola Fundación Cultura de Paz que preside Federico Mayor Zaragoza.
Durante unha hora presentáronse os principais piares do proxecto Muli Bwanji, que reúne todos os proxectos xerados a partir do irmandamento do noso colexio. A intervención centrouse nas oportunidades dun irmandamento escolar como oportunidade para abordar o reto de educar para a vida e contextualizar diferentes aspectos da educación para a cidadanía global.

Seminario on line Fitas do Vento

O 3 de novembro desenvolveuse un novo seminario virtual do proxecto Fitas de Vento onde participaron 18 profesores e profesoras de sete escolas galegas e moçambicanas. Este curso, sumáronse ao proxecto as Escolas Champion International da provincia de Tete.

Compartimos vivencias sobre a escola no período COVID, prestando especial atención ao vínculo coas familias e á educación emocional dos nenos e das nenas e deixamos un espazo de formación no que mostramos experiencias didácticas que poden extrapolarse aos distintos contextos das escolas que participan no proxecto. Abriuse un debate promovido polas escolas africanas en torno á preocupación por involucrar máis as familias na educación dos seus fillos o que foi produtivo e permitiu facer unha reflexión sobre as comunidades de aprendizaxe.

Por último, puxemos en común distintas ideas de actividades e proxectos solidarios que se van levar adiante neste curso.

Jovens em Caminhada

Como xa ven sendo habitual, este fin de semana trasladamos material aos armacéns da Casa da Torre en Soutelo (Braga). O alumnado de 4º de ESO colaborou a colocar o material na furgoneta que tan amablemente nos presta José Luis, un policía local xubilado que habitualmente nos axuda no transporte de mercancías.

Ao chegar a Soutelo un grupo de xóvenes da asociación «Jovens em Caminhada» axudounos a descargar e colocar o material nos armacéns á espera de envialos no contenedor para Mozambique.

Da gusto traballar así! Obrigados!

Caderno de Poesía

O alumnado de 4º de Primaria quixo celebrar o Día da Poesía como poetas, abraiados polos traballos do alumnado da ESIL en Mozambique.

Desde as materias de Plástica e Lingua Galega uniron os temas do Día da Terra, Día do Libro e Día das Letras Galegas realizaron un caderniño con elementos da natureza na portada e inventaron unha poesía de contido ecoambiental. 

Aquí vos deixamos o caderno elaborado polas clases de 4º de Primaria para compartilos co alumnado máis vello da ESIL.

Ao pé da imaxe tedes o link para poder acceder ao caderno e disfrutar dos poemas e deseños.

Traballos premiados no I Concurso das Letras Galegas SMM- ESIL

Compartirmos os traballos premiados no I Concurso do Día das Letras Galegas no que participou o alumnado de Santa María do Mar e da ESIL: A muller como clave na sociedade: Xela Arias, unha proposta de cambio.

Trabalhos premiados da escola ESIL.
Traballos premiados Santa María do Mar
Co corazón violeta
Lollita a bordadora

Agradecer unha vez máis a participación dos nenos e nenas da ESIL, que demostraron unha tremenda sensibilidade artística, literaria que conmoveu ao xurado.

Laudato Lab

Laudatolab é un laboratorio de ideas ecosolidarias relacionadas co coidado da Casa Común. Nace coa ilusión de lanzar todos os anos un concurso para o alumnado de ESO.

Cada 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, publicarase o fallo do xurado co prototipo mellor valorado. Posteriormente realizarase unha campaña solidaria coa produción do proxecto gañador.

Os obxectivos son:

– Propiciar experiencias ecosolidarias no alumnado para adquirir competencias de ciudadanía global.

-Profundar no coñecemento e interiorización das encíclicas “ Laudato Se” e “ Fratelli Tutti”. — –

-Fomentar unha é tica que xere comportamentos coidadosos e coidadores co Medio Ambiente e cos demás.

-Abordar a Educació n Ambiental desde unha perspectiva multidisciplinar. Implicar ás familias para compartir experiencias entre os compoñentes da comunidade educativa e o resto da ciudadanía para lograr unha sociedade má s sostible.

Como experiencia piloto, este ano, o concurso busca crear prototipos de reciclaxe de máscaras, tanto as gomas de suxección como da parte metálica que se adapta ao nariz, para convertelas en obxectos de uso práctico. O prototipo gañador será replicado e entra a formar parte dunha campaña de obtención de fondos para a compra de material hixiénico e sanitario para a ESIL, apoiada polo APA do Colexio.

Podedes ler as bases nas imaxe adxunta.

I Concurso Literario Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, presentamos o I Concurso Literario baixo a temática: “A muller como clave da sociedade: Xela Arias, unha proposta de cambio”.

Un concurso que se enmarca dentro do programa de Irmandamento escolar entre Santa María do Mar e a ESIL.

O xurado estará formado por membros do profesorado do curso, da ESIL, un alumno/a de 2º Bacharelato e un representante da APA. O fallo darase a coñecer o venres 21 de maio na páxina do colexio.

Participará o alumnado de Santa María do Mar e da ESIL en Ddferentes modalidades, desde a escrita, até a interpretación, a creación audiovisual, o debuxo…

Máis información