Visita ao Centro de Formação e Experimentação Agrícola de Guisamo (A Coruña)

O día 31 de xaneiro tamén visitamos o Centro de Formación e Experimentación de Guísamo onde coñecemos cultuvos e técnicas de cultivo. A través da directora do centro decatámonos de que cultivan vides, uvas e diversas árbores froiteiras mediante técnicas modernas sinxelas, contando cos 250 alumnos existentes. Visitamos invernadoiros onde proban diversos cultivos, entre eles chícharos, cebolas, leitugas, allos e tomates. Demostraron que estaban dispostos a colaborar coa nosa escola a través da Diputación da Coruña, como xa estaba establecido antes da pandemia. Estaban pendentes de enviar cales son os datos precisos para comezar de novo o proxecto de agricultura ecolóxica na ESIL e falar coa profesora e co responsable de agricultura da misión.

Bailando Ngoma co alumnado universitario do CMU San Agustín

Ademáis de conversar co alumnado residente no Colexio Maior San Agustín en Santiago de Compostela, houbo un momento descontraido onde Simião e Amiltom convidaron ai alumnado a danzar Nogma, un baile típico do pobo Ngoni que vive no norte da provincia de Tete e nos países veciños de Malawi e Zambia.

Visita ao IES As Barxas (Moaña)

O 24 de xaneiro visitamos o IES As Barxas. Comezamos aprendendo na práctica e psando uns dibuxos a colgantes meiante a técnica do papel máxico. Reunímonos co claustro e profundizamos nas activadades que se fan na biblioteca do centro, os hábitos de promoción da lectura, e o concurso de lectura. Os profesores acorddaron manter comunicación a través de diversas plataformas dixitais e colaborar para participar no festival anual de cine. Vimos tamén as presentacións do club de ciencia, onde nos explicaron as observacións de campo e os paseos didácticos que realizan polo bosque próximo, así como o posterior tratamento dos datos. Tamén observamos algúns xogos matemáticos nos recreos.

Asistimos ás clases de plástica mediante a proxección de vídeos inseridos nas clases de educación plástica. O alumnado presentou diferentes técnicas para gravalas utilizando principalmente as animacións do mundo animal.

Tiveron tamén unha entrevista no xornal “O Faro de Vigo”

Encontro Mundial Educación para a vida

O proxecto de irmandamento colexiado entre o noso colexio e a ESIL de Mozambique participou como experiencia seleccionada no Encontro Mundial sobre Educación para a Vida, organizado pola Fundación Cultura de Paz que preside Federico Mayor Zaragoza.
Durante unha hora presentáronse os principais piares do proxecto Muli Bwanji, que reúne todos os proxectos xerados a partir do irmandamento do noso colexio. A intervención centrouse nas oportunidades dun irmandamento escolar como oportunidade para abordar o reto de educar para a vida e contextualizar diferentes aspectos da educación para a cidadanía global.