O vindeiro xoves 24 de abril, ás 18:30 horas, a Sede Afundación (Rúa Cantón Grande, 8) acolle o Festival Solidario Fitas do Vento, unha gala solidaria (a entrada é libre) que se enmarca no proxecto de Cidadanía Global «Fitas do Vento», ponte entre escolas galegas e africanas. Entre os centros participantes neste encontro de conexión entre educación, cultura e solidariedade, atópanse as Escolas Infantís Monte Alto e Arela, Santa María do Mar, así como outros centros escolares do Concello da Coruña. Durante ao acto, compartiranse experiencias, voces, músicas e soños que cruzan océanos e continentes. En definitiva, trátase dun compromiso educativo por transformar o mundo, nunha cidadanía global entre escolas galegas e africanas.
Nesta edición premiarase á Policía Local polo seu apoio ao proxecto enviando material dos obxectos perdidos. O evento está patrocinado pola Fundqación San Rafael.
