I Gala Solidaria Fitas do Vento

O martes 16 de abril ás 18:30 terá lugar no Auditorio de Sede Afundación, da mán da Fundación San Rafael, o I Festival Solidario Fitas do Vento no que se compartirán os proxectos que se desenvolven entre escoas galegas e mozambiqueñas , acompañados de música e testemuñas do profesorado e escolas participantes no proxecto.

O obxectivo principal de Fitas de Vento é o de potenciar espazos de traballo, encontro e participación do alumnado e profesorado galego e mozambiqueño, sempre desde a perspectiva de enriquecimiento mutuo e a través do respecto e a valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, a igualdade de x´énero e a xusticia social. Unha simbiosis que contribúa a desenvolver homres e mulleres capaces de humanizarey transformar a súa realidade: conscientes, competentes, comprometidos e compasivos.